Sortido amplo
Froita, verdura e hortaliza de tempada, nacional e de importación. Aconsellámoslle segundo o que haxa en cada momento.
Maioristas de froita, verdura e hortaliza en Galicia desde 1984. Traballamos con froitarías, hostalaría, colectividades e almacéns desde a nosa central de Miño e os nosos postos nos mercados da Coruña e Santiago.
As laranxas e mandarinas Santa Margarita son a nosa marca: seleccionámolas e envasámolas cada día na nosa central de Miño.Nos nosos postos da Coruña e Santiago atopará o sortido de cada tempada.

Desde finais dos anos 70 envasamos a froita que nos chega directamente do campo. Hoxe facémolo na nosa central hortofrutícola de Miño, e toda a froita Santa Margarita pasa polas nosas mans antes de chegar ás súas.

Somos unha empresa familiar con máis de corenta anos no oficio. Isto é o que atopará ao traballar connosco.
Froita, verdura e hortaliza de tempada, nacional e de importación. Aconsellámoslle segundo o que haxa en cada momento.
Sempre haberá alguén para atendelo, aconsellalo e resolver as súas dúbidas sobre produto, calidades e prezos.
Temosllo preparado nos nosos postos da Coruña e Santiago ou na nosa central de Miño. E se o precisa, tamén podemos levarllo.
Traballamos sobre todo con froitarías, e tamén con hostalaría, colectividades, almacéns e outros maioristas.
Santa Margarita é a marca coa que comezamos. Non é unha soa variedade: ao longo do ano imos envasando a laranxa e a mandarina que están no seu mellor momento, para zume e para mesa.
Calendario orientativo: as datas poden variar dunha campaña a outra.

A primeira laranxa da campaña. De embigo, doce e doada de pelar. É de mesa, aínda que ao comezo da tempada tamén se usa para zume, ata que chegan as primeiras Salustianas.

Redonda e de tamaño mediano, con polpa tenra e moi zumarenta e bo equilibrio entre dozura e acidez. É a nosa laranxa de zume do inverno.

Laranxas de embigo serodias, doces e de polpa firme. Collen o relevo como laranxa de mesa ata ben entrada a primavera.

A laranxa de primavera e verán, das que máis zume teñen. Pel fina e lisa. Alonga a campaña ata o outono.

A primeira mandarina da tempada: unha satsuma de pel moi fina, cor laranxa amarelada e doada de pelar.

Suave, zumarenta e de cor laranxa amarelada. Pélase con moitísima facilidade.

Tamén chamada Nova. De cor laranxa moi intensa, doce e con moito zume. A súa pel é fina, pero custa algo máis de pelar.

Mandarina serodia, pequena e achatada, doce e de cor laranxa avermellada moi intensa. Doada de pelar. Pecha a tempada de mandarinas.
Tamaño, peso, sementes, pel e pelado: fichas de variedades do IVIA (Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias) e, para Okitsu e Satsuma, de Vivercitrus.
A nosa historia comeza a principios dos anos 70, cando Ángel González, natural de Chantada (Lugo), empezou a vender froita na Coruña cun pequeno camión. El e a súa esposa, María Luisa Paredes, foron ampliando o negocio: mercaban a froita directamente nas fincas do Bierzo, Salamanca, Estremadura, Valencia ou Sevilla e traíana a Galicia no seu propio camión.
Nas súas viaxes a Valencia viron como se traballaba alí a laranxa e, a finais desa década, decidiron envasala eles mesmos. Empezaron nun pequeno baixo da rúa Maravillas, a un paso do parque de Santa Margarita: de aí sacaron o nome para as súas laranxas. En 1984 fundaron Frutas Chantada, en honra á vila de Ángel, e as Santa Margarita non tardaron en facerse famosas en toda a zona.
Despois, o envasado trasladouse a unha nave no polígono da Grela e, en 2004, á central de Miño. Hoxe dirixe a empresa a segunda xeración, co mesmo trato próximo de sempre.

Chámenos, escríbanos ou pase por calquera dos nosos postos. Atenderémolo encantados.