Laranxas e mandarinas Santa Margaritaa calidade é rica

Cada día seleccionamos e envasamos en Galicia a laranxa e a mandarina que están no seu mellor momento. Máis de corenta anos facéndoo.

Que hai agora?
Foto provisional
Agora en tempada

O que atopará este mes

    Calendario

    Unha laranxa para cada época

    Santa Margarita non é unha soa variedade: imos cambiando ao longo do ano para ofrecer sempre a que está no seu punto.

    Laranxas

    NavelinaMesa · Zume
    SalustianaZume
    Lanelate e NavelateMesa
    Valencia LateZume · Mesa

    Mandarinas e clementinas

    Okitsu
    Satsuma
    Clemenvilla
    Nadorcott

    Calendario orientativo: as datas poden variar dunha campaña a outra.

    Variedades

    Coñézaas

    Laranxa

    Navelina

    MesaZume
    Mediados de outubro a mediados de xaneiro

    A primeira laranxa da campaña. De embigo, doce e doada de pelar. É de mesa, aínda que ao comezo da tempada tamén se usa para zume, ata que chegan as primeiras Salustianas.

    Para zume
    Boa, recén espremida
    Tamaño
    73–78 mm
    Peso
    200–220 g
    Sementes
    Non
    Pel
    3,5–4,5 mm
    Laranxa

    Salustiana

    Zume
    Mediados de novembro a primeiros de abril

    Redonda e de tamaño mediano, con polpa tenra e moi zumarenta e bo equilibrio entre dozura e acidez. É a nosa laranxa de zume do inverno.

    Para zume
    Ideal
    Tamaño
    64–70 mm
    Peso
    150–180 g
    Sementes
    0–1
    Pel
    3,5–4,3 mm
    Laranxa

    Lanelate e Navelate

    Mesa
    Mediados de xaneiro a primeiros de maio

    Laranxas de embigo serodias, doces e de polpa firme. Collen o relevo como laranxa de mesa ata ben entrada a primavera.

    Para zume
    Mellor para comer
    Tamaño
    65–80 mm
    Peso
    160–230 g
    Sementes
    Non
    Pel
    3–4 mm
    Laranxa

    Valencia Late

    ZumeMesa
    Primeiros de abril ata setembro ou outubro

    A laranxa de primavera e verán, das que máis zume teñen. Pel fina e lisa. Alonga a campaña ata o outono.

    Para zume
    Ideal
    Tamaño
    67–72 mm
    Peso
    170–200 g
    Sementes
    1–4
    Pel
    2,7–3,7 mm
    Mandarina

    Okitsu

    Finais de setembro a mediados de novembro

    A primeira mandarina da tempada: unha satsuma de pel moi fina, cor laranxa amarelada e doada de pelar.

    Tamaño
    55–70 mm
    Peso
    90–120 g
    Sementes
    Non
    Pel
    1,6–2 mm
    Mandarina

    Satsuma

    Mediados de novembro a finais de decembro

    Suave, zumarenta e de cor laranxa amarelada. Pélase con moitísima facilidade.

    Tamaño
    55–65 mm
    Peso
    90–110 g
    Sementes
    Non
    Pelado
    Moi doado
    Mandarina

    Clemenvilla

    Mediados de decembro a mediados de xaneiro

    Tamén chamada Nova. De cor laranxa moi intensa, doce e con moito zume. A súa pel é fina, pero custa algo máis de pelar.

    Tamaño
    55–65 mm
    Peso
    90–120 g
    Sementes
    Case nunca
    Pelado
    Medio
    Mandarina

    Nadorcott

    Xaneiro a finais de abril

    Mandarina serodia, pequena e achatada, doce e de cor laranxa avermellada moi intensa. Doada de pelar. Pecha a tempada de mandarinas.

    Tamaño
    50–60 mm
    Peso
    80–105 g
    Sementes
    Case nunca
    Pelado
    Doado

    Tamaño, peso, sementes, pel e pelado: fichas de variedades do IVIA (Instituto Valenciano de Investigaciones Agrarias) e, para Okitsu e Satsuma, de Vivercitrus.

    Consellos

    Zume ou mesa?

    Vaso de zume de laranxa xunto a laranxas cortadasFoto provisional
    • Para zumeSalustiana no inverno e Valencia Late na primavera e no verán: soltan case todo o zume.
    • Para comerNavelina, Lanelate e Navelate son laranxas de embigo: doces e doadas de pelar. Se fai zume con elas, tómeo recén espremido.
    • Como escollelasUnha laranxa que pesa na man adoita ter máis zume.
    • Como gardalasNun lugar fresco e ventilado, fóra de bolsas de plástico. Na neveira aguantan máis días.
    De onde vén o nome

    Un pequeno baixo da Coruña onde empezamos a envasar laranxas

    A finais dos anos 70, Ángel González e María Luisa Paredes empezaron a envasar laranxas eles mesmos nun pequeno baixo da rúa Maravillas, na Coruña, preto do parque de Santa Margarita. De aí vén o nome. Hoxe seguimos facéndoo, cada día, na nosa central de Miño.

    Onde mercar

    Na súa froitaría

    As laranxas e mandarinas Santa Margarita véndense en froitarías de Galicia. Búsqueas así:

    Caixa azulLaranxas
    Caixa verdeMandarinas
    Etiqueta vermellaEn moitas das pezas

    Ten unha froitaría?Fágase cliente de Frutas Chantada: traballamos con froitarías, hostalaría e almacéns de Galicia.

    Frutas Chantada →